eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueLigas

O comezo do inverno

Sábado 7 de decembro de 2024 · por fran · Ligas

Damos inicio ó inverno meteorolóxico en eltiempoentuojete coa entrada das etapas no interior do país, en Ourense e Lugo. É nesta última, no concello de A Fonsagrada, na estación de O Xipro, onde arrinca esta andaina. E a priori fáino como ten que ser, con temperaturas baixas pero con ameaza de chuvia durante todo o…

Ler máis »

E volta a vaca ó millo

Martes 3 de decembro de 2024 · por fran · Ligas

A etapa de A Gándara, en Vimianzo, volveu ser case unha repetición do acontecido en Lira. Pero desta vez, a maioría de meteoludópatas pecou por de máis, no canto de quedarse curtos coma no concello de Carnota. A borrasca pasou a zoar por Vimianzo, concentrándose no centro e sur do país e deixando A Gándara coma zona…

Ler máis »

Conflito na Costa da Morte

Sábado 30 de novembro de 2024 · por fran · Ligas

Nova xornada, a 10ª, con epicentro na Costa da Morte onde se busca a confirmación d@s nov@s aspirantes ou a rehabilitación das vacas sagradas da competición. Semella que imos ter unha nova etapa de borrasca atlántica durante o domingo. Vento e chuvia media-alta é a predicción das axencias profesionais do ramo, pero…

Ler máis »

O fin dunha era?

Martes 26 de novembro de 2024 · por fran · Ligas

Axitada é un adxetivo que se queda curto para o que pasou onte en Lira na 9ª etapa da Liga da Inverneira. Houbo trocos múltiples no liderato da xeral e dous dos máximos aspirantes (os de sempre) estiveron por momentos fora do Top-5 a máis de 15 puntos da cacheira da clasificación. Unha vez finalizada a etapa…

Ler máis »

Lategazo de Bert

Sábado 23 de novembro de 2024 · por fran · Ligas

Despois da borrasca Caetano, este domingo durante a etapa 9 da Liga da Inverneira, en Lira, imos notar os efectos na distancia de unha cicloxénese explosiva, Bert, situada ó oeste das illas británicas. A cola de Bert impactará contra nós durante as derradeiras horas do día deixando, a priori, grande cantidade de…

Ler máis »

Debacle no Top-10

Martes 19 de novembro de 2024 · por fran · Ligas

Semellaba unha xornada transitoria, sen chuvia, nin vento e con temperaturas doadas de predicir, pero do Top-10 somentes 3 xogadores van aparecer nesta crónica da etapa de Muralla, en Lousame. E ningún está no podio, ainda que se manteñen as posicións cacholeiras. Pero por tras, moit@s d@s aspirantes deron un paso…

Ler máis »

Muralla descafeinada

Sábado 16 de novembro de 2024 · por fran · Ligas

É unha mágoa que esta etapa de Muralla se vaia xogar sobre seco. Unha das estacións de Meteogalicia que máis auga recollen cando chove semella vai quedar un pouco desvirtuada pola carencia de precipitacións. Pero cando establecemos o calendario de xogo sabiamos que podía suceder. E non por iso imos deixar de ter un…

Ler máis »

Golpe de estado

Martes 12 de novembro de 2024 · por fran · Ligas

Novas xornada de altas puntuacións en Cequeliños, onde finalmente choveu unhas migallas, desvelando o único segredo importante que se agachaba no concello de Arbo. Outro suceso relevante foi o acaecido na clasificación xeral, onde o segundo e terceiro clasificado trataron de acoitelar ó líder, deixándoo malferido no…

Ler máis »

A raia como marco

Sábado 9 de novembro de 2024 · por fran · Ligas

A 7ª etapa da Liga da Inverneira lévanos ata un escenario na beira do río Miño, fronteira natural cos nosos irmáns lusos. Cequeliños, moi preto da Ponte Internacional vai ser o plató onde se desenvolvan as actividades desta fin de semana de competición. A priori non semella un lugar moi chuvioso, nen frío nin caloroso…

Ler máis »

Preto da excelencia

Martes 5 de novembro de 2024 · por fran · Ligas

Serra da Faladoira foi desas etapas nas que cada un de nós pódese sentir fachendos@ coa súa actuación. Non sendo os penalizados, os marcadores non baixaron dos 50 puntos. Axudou unha xornada anticiclónica con temperaturas mornas, ausencia de chuvia e un vento velaíño, sen moitas compricacións para a predicción. Non…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →