eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueLigas

Calma tras a tormenta

Sábado 18 de novembro de 2023 · por fran · Ligas

A 9ª xornada da Liga da Inverneira semella ser unha pausa despois de mes e medio de chuvia ininterrumpida coa entrada de diversas borrascas atlánticas e que fixeron da competición un inferno para uns/unhas e un exercicio de revalorización para outr@s. Pero ainda estamos a rematar o primeiro terzo do campionato e ainda…

Ler máis »

Encumbramento e resignación

Luns 13 de novembro de 2023 · por fran · Ligas

A 8ª xornada da X Liga da Inverneira si que deixa desta vez grandes diferenzas tanto no local coma na Clasificación Xeral. A disparidade de apostas víuse reflectida nos resultados finais da etapa coma nun antes nesta edición. O pequeno grupo de meteoludópatas que marcara máis de 15 litros foi o que saiu encumbrado na…

Ler máis »

Gabeando a Muralla

Sábado 11 de novembro de 2023 · por fran · Ligas

E agora chega Elisa, unha nova borrasca importante que vai deixar de novo en alerta amarela as costas do norte de España. Entrou onte e vai estar traballando preto de nós durante o fin de semana e o comezo na nova. Para nós, que facemos parada e fonda este domingo en Muralla, no concello de Lousame, pode ser outro…

Ler máis »

Chorar, chorei o domingo á tarde

Luns 6 de novembro de 2023 · por fran · Ligas

Impresionante xornada a desputada no domingo no campo de batalla de Cequeliños, no concello de Arbo, na fronteira cós nosos amigos lusos. Quitando o parámetro do vento, que quedou finiquitado nas primeiras horas do día, a chuvia caeu paseniño ata case os derradeiros momentos da xornada, coas temperaturas tamén mudando…

Ler máis »

A porta aberta

Sábado 4 de novembro de 2023 · por fran · Ligas

Iso é o que semella en Galicia nas derradeiras datas, que alguén deixou a porta aberta a toda canta borrasca atlántica se achegue ás nosas costas. Esta semana temos duas con nome, ou sexa, das que meten o medo no corpo e que as axencias meteorolóxicas determinan coma “potencialmente perigosas“. Xa marchou Ciaran, que…

Ler máis »

Axitado, pero non revolto

Luns 30 de outubro de 2023 · por fran · Ligas

Esta é a frase que define a 6ª xornada da Liga da Inverneira, localizada no concello de Ortigueira e con base na Serra da Faladoira. Iso sí, ó longo do día trocaron as távoas con moito dinamismo, tanto no resultado diario como no xeral, subindo e baixando a moit@s dos meteoludópatas e trocando sorrisos en bágoas e…

Ler máis »

Frente Faladoira

Sábado 28 de outubro de 2023 · por fran · Ligas

Semana grande para as borrascas esta semana na Serra da Faladoira. O tren pasou con forza e ainda non rematou a súa viaxe. Con medias superiores ós 75 km/h. e un acumulado de chuvia por riba dos 100 litros, a estación do concello de Ortigueira prepárase para recibir unha nova borrasca, nomeada pola axencia francesa de…

Ler máis »

Día eslamiado en Ponte Caldelas

Luns 23 de outubro de 2023 · por fran · Ligas

Xornada un pouco aburrida a desputada en Ponte Caldelas esta fin de semana. Despois do paso de sucesivas borrascas nos derradeiros días e na espera dunha nova fronte para a tarde do domingo, ésta pasou a zoar pola costa occidental e somentes fixo aparición en terra nas postreiras horas da noite. Comezaba fria a…

Ler máis »

Outro vagón no tren

Sábado 21 de outubro de 2023 · por fran · Ligas

Ponte Caldelas semella ser outra vagoneta no convoy de borrascas que levan toda a semana a nos flaxelar con forza. Ventos de máis de 100 km/h. e acumuladas de chuvia de máis de 100 litros nalgunhas bisbarras. Foi o caso de Ponte Caldelas este xoves, onde superaron esa cantidade de chuvia e en toda a semana os refachos…

Ler máis »

Un mosteiro baixo a chuvia

Luns 16 de outubro de 2023 · por fran · Ligas

Primeira xornada húmida nesta X Liga da Inverneira e este honor destinóuse ó concello de Meis e á sua estación meteorolóxica de A Armenteira. O frente que viña do norte virou a sur pola mañanciña e deixou temperaturas mornas durante o día, chuvia tipo piolla da que molla e un vento suave pero que tivo un refacho…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →