eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueLigas

Maese Decembro

Martes 28 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

As estadísticas falaron. E sinalan a un xogador coma Gran Maese Decembro. Coronan ó xogador con o mellor desempeño nas catro xornadas desputadas este mes. Pero tamén amosan as melloras de moitos xogadores cara seu obxetivo final. Os destacados no acerto en cada un dos parámetros do xogo, vitorias e medias de…

Ler máis »

Ferve o eixe en A Veiga

Luns 27 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Xornada memorable a desputada neste derradeiro fin de semana do ano 2021. A estación meteorolóxica da Serra do Eixe foi o campo de batalla ideal, con moitas modificacións en tódolos parámetros ó longo do día. Para estar a máis de 1200 metros de altitude e a finais de decembro as temperaturas foron moi altas, cunha…

Ler máis »

Apocalipse en altura

Sábado 25 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Grande xornada a que se nos ven enriba neste fin de semana de Nadal. O tren de borrascas segue a sua actividade e o domingo ainda se presenta un panorama moi compricado. O vento e a chuvia han de ser protagonistas na nosa estación de a Serra do Eixe, no concello de A Veiga. Primeira de montaña na provincia de Ourense,…

Ler máis »

O ecuador da competición

Luns 20 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

A Liga da Inverneira de eltiempoentuojete chega á metade da competición, dando por rematado o outono en Ventosa, concello de Navia de Suarna. Para ser unha etapa sobre seco e acadar altas puntuacións, a clasificación xeral remexéuse a conciencia. A temperatura máxima chegou ata os 11º C. no mediodía, mentras a mínima…

Ler máis »

O remate do outono

Sábado 18 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Ventosa, en Navia de Suarna, marca o fin do outono en eltiempoentuojete. Despóis desta xornada comezaremos as datas xa no propio inverno meteorolóxico, polo que merece a pena rematar con dignidade esta primeira fase de competición. Asistiremos tamén á derradeira etapa anticiclónica, na espera da chegada das borrascas…

Ler máis »

Un sinal profético

Luns 13 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Grande xornada en Marroxo, con moita leria para ser unha etapa sobre seco. Moitos movimentos na xeral á conta dun anticiclón que trocou a tendencia xeral da semana, facendo da predicción unha aposta a cegas en Monforte de Lemos. As temperaturas comezaron altas, pero cairon na madrugada por mor da falta de vento. A…

Ler máis »

Brétema anticiclónica

Sábado 11 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Troco do clima cara un anticiclón que alonxa os frentes atlánticos e que vai provocar néboas no centro do país. Semella que as temperaturas máximas poden subir mentras as mínimas poden desplomarse na madrugada. Pero estamos en Monforte de Lemos, un dos lugares agraciados coa posibilidade de inversión térmica, polo que…

Ler máis »

Vixiando o vento

Xoves 9 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Presentamos desta vez un informe sobre os refachos de vento na Liga da Inverneira. Ocorrencia, porcentaxes de acerto, vitorias segundo a intensidade, rexistros máximos… Incluso un pequeno estudo do vento neste mes de decembro. Pica no enlace baixo estas letras. Informe: Os refachos de vento na Liga da Inverneira…

Ler máis »

O Xipro paseniño

Luns 6 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Gran xornada a desputada no concello de A Fonsagrada, na estación de O Xipro, no inicio da xeira de etapas de montaña nas provincias de Lugo e Ourense. O frente provinte do norte afectou case por completo ás provincias do leste do país, ademáis da costa norte de A Coruña. As temperaturas comezaron a xornada con 4º C.,…

Ler máis »

A primeira de montaña

Sábado 4 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Primeira etapa de montaña do mes de decembro, un clásico, en A Fonsagrada. A estación de O Xipro recibe á tropa de eltiempoentuojete cunha xornada con friaxe e posibles nevaradas, xusto o que necesitamos para darlle emoción á competición. De novo estaremos atent@s o que faga Juanito Caminante, gurú da chuvia nesta…

Ler máis »

Lady Novembro

Mércores 1 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Xa están dispoñibles os datos e estadísticas de acerto no recén rematado mes de novembro. Podes atopar @s participantes máis louread@s nas derradeiras 4 etapas da Liga da Inverneira. Os mellores en cada parámetro, as vitorias e as medias de puntuación neste tramo de Liga. Pica no enlace para acceder á información.…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →