eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueLigas

Meteoludópatas en escabeche

Luns 1 de novembro de 2021 · por fran · Ligas

Nova etapa da Liga da Inverneira e volvemos falar dunha “escabechina“. E de novo á conta da chuvia recollida na Serra da Faladoira, en Ortigueira. Pouc@s se achegaron á marca do pluviómetro e apenas unha decena de xogador@s acadaron os 50 puntos. Moitos trocos na xeral, con “ascensores” subindo e baixando conforme ás…

Ler máis »

Ortigueira trae rebumbio

Sábado 30 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

A estación de Serra da Faladoira quérese unir á lea de eltiempoentuojete. A verdade é que non nos podemos queixar do outono que levamos desputado, incluso pode ser o máis compricado de xogar nos anos de competición. Agardamos tren de borrascas co pior día no domingo, ainda que iso está por ver. Posibilidades de trocos…

Ler máis »

As vitorias na Liga da Inverneira

Xoves 28 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

O competidor con máis vitorias na Liga da Inverneira é Verducido con 19, das cales 8 foron en soidade. Lume ten 11, con 5 en soidade e Punteiro ten os mellores valores nas vitorias en soidade, con 11, para un total de 16 trofeos. Mina ten 7 vitorias de cada pau, para un total de 14. Xowi suma 14 vitorias compartidas e…

Ler máis »

Apachocando a Clasificación

Luns 25 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

Rematou a 5ª etapa da VIII Liga da Inverneira e podemos dicir que Ponte Caldelas mudou en parte a clasificación xeral. Non tanto no que respecta ás posicións, pero si que as puntuacións se apertaron e o grupo principal semella máis conxuntado, sen tantas diferenzas coma antes da disputa da etapa. As temperaturas…

Ler máis »

Dúbidas racionais

Sábado 23 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

Quinta etapa da VIII Liga da Inverneira e facemos parada e fonda nun dos clásicos do percorrido pola xeografía de Galicia. Ponte Caldelas fai a sua 8ª aparición nesta competición, onde xa se rexistrou un dos 4 plenos acadados na nosa historia. Nesta edición as dúbidas volven rondar ó tema da pluviosidade, sen esquecer…

Ler máis »

Detalles do inicio da Liga

Martes 19 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

Despóis das 4 primeiras xornadas atopamos un escenario onde ningún participante supera os 50 puntos de media por xornada. A pluviosidade causou estragos entre a maioría, pero o vento e as temperaturas tamén axudaron a acadar unha das porcentaxes de acerto máis baixas na historia de eltiempoentuojete. A gráfica de…

Ler máis »

A chuvia con antollos

Luns 18 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

Semella que este ano non estamos finos no rego da chuvia. Despóis de 4 xornadas as desfeitas hídricas foron maioría. E non foi moi distinto no concello de Meis, onde se desputaba a xornada na estación de A Armenteira. Preveíase unha parte de chuvia a primeira hora da madrugada, pero cara as 23:50 o pluviómetro quedou…

Ler máis »

Incertidume en Meis

Sábado 16 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

A 4ª etapa da VIII Liga da Inverneira visita o concello de Meis, con un ambiente moi semellante ás duas primeiras etapas da competición. Pero desta vez as apostas en pluviosidade están bastante acobardadas en comparación ás primeiras xornadas. Seica fomos aprendendo… Ou quizáis A Armenteira nos corrixa de novo…?…

Ler máis »

Máis que transición

Luns 11 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

Castro Vicaludo prometía relax e sosego despois das duas primeiras etapas con moitas diferenzas que conformou unha clasificación xeral con puntuacións moi dispares. Pero non foi así. Chegar ós 50 puntos foi unha odisea, resultado que non acadou case a metade da tropa de eltiempoentuojete. A temperatura mínima dóuse de…

Ler máis »

Falsa transición

Sábado 9 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

Semella que a de Castro Vicaludo, en Oia, vai ser a típica etapa de transición, sen chuvia, con vento baixo e temperaturas solleiras. Quizáis non vaias gañar a liga este domingo, pero sí poderías perdela se non atinas. As grandes diferenzas en puntos non se van solventar en Castro Vicaludo, pero se acumulas máis…

Ler máis »

O crepúsculo dos deuses?

Luns 4 de outubro de 2021 · por fran · Ligas

Se botas unha ollada ó Top-10 da Clasificación Xeral, podes ver que está tomada por participantes que non adoitas ver nas partes altas desta lista. Despois de duas xornadas, temos máis diferenzas que nengunha outra liga a estas alturas, cun líder que lévalle 9 puntos (¡?!) ó segundo clasificado. Pode unha segunda…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →