eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueLigas

“Nacho” no Courel

Sábado 23 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Ainda metidos de cheo no tren de borrascas, este sábado imos recibir a visita de Ignacio. Despois de Gaetan e Hortense, Ignacio promete vento forte e chuvia intensa. Imos ver o panorama que agarda en chan ourensán, na Serra do Courel e se vai desbordar a Lagoa da Lucenza. As temperaturas máximas oscilan entre os 5 e…

Ler máis »

Xeada para os “Calvos”

Luns 18 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Espectacular estrea da estación de Calvos, en Calvos de Randín, Ourense. A suplente de Cabeza de Manzaneda viña de dar as temperaturas mínimas no nosos país e non defraudou. Voltou repetir a mínima en Galicia con -8,2º C. e ademáis batíu o record da Liga da Inverneira e igualando o rexistro de Perisher Valley, en…

Ler máis »

Facendo un “calvos”

Sábado 16 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Inédita a xornada desta semana na Liga da Inverneira. Calvos é a estación meteorolóxica de Calvos de Randín, onde as temperaturas mínimas mexan “cubitos” por riba de lugares coma Manzaneda ou Lardeira. Semella que o episodio de friaxe rematou, pero iso xa se falou para este xoves, ainda que onte mesmo acadou os -11º…

Ler máis »

Troco de estación

Mércores 13 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Dende eltiempoentuojete comunicamos o troco de estación meteorolóxica na xornada 17 da Liga da Inverneira. A estación de Cabeza de Manzaneda ten o anemómetro xeado dende mediados de decembro. Coma outros anos nesta época. Estamos a pensar en facer un “bote” para anexar un calefactor ó anemómetro, porque seica a…

Ler máis »

Sol e neve nos Ancares

Luns 11 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Grande a xornada desputada este domingo na estación dos Ancares, con gañador en soidade a máis de 1300 m. de altitude. O anticiclón agardado fíxose de rogar e non tomou posesión ata despóis de xantar. Mentras, os cúmulos rezagados de Filomena deixaban máis de litro e medio de precipitación, redondeando a 2 litros ó…

Ler máis »

Etapa xearenta

Sábado 9 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Semella que nesta ocasión, en Ancares a chuvia non será o parámetro a vixiar. O anticiclón que domina o panorama deixará profundas xeadas en todo o país, sobre todo nas cotas altas. E agardamos vento do nordés… As temperaturas e o refacho de vento poden decidir o gañador/a no concello de Cervantes. As temperaturas…

Ler máis »

Crónica dunha aldea galega

Martes 5 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Modesto achéganos unha curiosa letura recomendada. “La aldea gallega” e unha visión do rural galego de principios do século XX plasmada en tinta por un xoven xuiz sevillano que coma primeiro destino recalou no concello ourensán de O Bolo. Esta visión peculiar sobre tódolos aspectos da vida nunha aldea galega viu a luz…

Ler máis »

A emoción do baleiro

Luns 4 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Rematou a 15ª xornada da VII Liga da Inverneira na Galiza coa sensación de que nos quedou algo atrás. Por suposto non a tod@s. Pero moit@s meteoludópatas amateurs agardaban máis movimento na parte final da etapa do Alto do Rodicio. As temperaturas tiveron unha mínima amplitude de 1.5º C. Os valores finais son os…

Ler máis »

No aperitivo, Rodicio

Sábado 2 de xaneiro de 2021 · por fran · Ligas

Primeira xornada a desputar neste 2021 e o Alto do Rodicio será xuiz e parte nesta nosa causa. Agardamos unha xornada compricada, máis tendo en conta as apostas remitidas. As apostas sobre temperatura máxima oscilan entre 0 e 4º C. As mínimas, entre -1 e -4º C. Tamén moi apertadas as apostas en pluviosidade, con…

Ler máis »

Clima bélico

Mércores 30 de decembro de 2020 · por fran · Ligas

Modesto achéganos un artigo que recoñece a labor en silencio da que foi unha das armas que axudou ó derrocamento do réxime fascista de Hitler e á sua maquinaria de guerra. Un apunte sobre como o clima pode influir ata nos conflictos bélicos. Pica na foto de embaixo para acceder á monografía da Rasputitsa. Rasputitsa,…

Ler máis »

Pescando no deserto

Martes 29 de decembro de 2020 · por fran · Ligas

Na derradeira xornada da VII Liga da Inverneira, na Serra do Eixo, o novato Modesto entrou no Top-10 da Clasificación Xeral. Foi dos que aproveitou a chuvia caida para achegarse ós postos de honor da Liga. Pódese dicir que “pescou no deserto”. Quizáis por iso fainos chegar un mini-documental que da voz a tres mulleres…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →