BlogueLigas
Sábado 4 de abril de 2020 · por fran · Ligas
Xornada inaugural da VII Liga de Primaveira baixo o estado de emerxencia polo coronavirus. Afortunadamente somos das poucas competicións ó aire libre que temos permiso específico para desenrolar o noso vicio meteorolóxico. Todo grazas a que as estacións de o BOM, o servizo australiano de meteoroloxía, están…
Ler máis »
Sábado 28 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Dende eltiempoentuojete desexamos que estés o mellor que se poida nunha emerxencia pandémica coma esta. Agardamos que te manteñas o máis protexido posible. Ou, no pior dos casos, que teñas ou tiveras o COVID-19 e non te afectara de maneira grave. E enviamos unha grande aperta envasada ó vacío a tódol@s profesionais da…
Ler máis »
Venres 20 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Dende eltiempoentuojete presentamos o novo desafío para a primaveira de 2020. A VII edición da Liga de Primaveira vaise celebrar en territorio australiano. Vai ser a terceira visita que facemos ó xigantesco país de Oceanía. Despóis de facer parada e fonda en Tasmania (2016) e no Western Territory (2018), desta vez o…
Ler máis »
Xoves 19 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Xa está a disposición de tod@s a crítica crónica da derradeira xornada da VI Liga da Inverneira, en Xesteiras, Cuntis. Perpetrada por Popolo, aborda temas de actualidade, con xermes históricos. Podes atopala no botón de embaixo. Crítica crónica en Xesteiras, Cuntis. (Popolo) Recorda que a partires de mañán Venres 20…
Ler máis »
Mércores 18 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Namentras agardamos pola crítica crónica da etapa final da Liga da Inverneira, publicamos unha pequena aproximación á relación do Coronavirus COVID-19 co clima, cunha comparativa con pandemias por coronavirus dos derradeiros anos. Presentada por Verducido, podes acceder clicando no botón de embaixo. Tamén podes ler…
Ler máis »
Luns 16 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
A derradeira xornada da VI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo á altura dunha etapa final e a estación respondeu coma non fixera o ano pasado. eltiempoentuojete corona por terceiro ano consecutivo a Botikas, o lóstrego atetillado de Arzúa. Cando gañas duas veces consecutivas entras na suite do Olimpo da…
Ler máis »
Sábado 14 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Ler máis »
Sábado 14 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Xornada final da VI Liga da Inverneira marcada pola irrupción do coronavirus, alias COVID-19. En eltiempoentuojete tamén temos cuarentena, fixada meses atrás, pero voltaremos no mes de Abril coa competición fora das nosas fronteiras, a VII Liga de Primaveira. Namentras, recorda lavar as mans, gardar distancias e…
Ler máis »
Mércores 11 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Xa está a disposición de tod@s a crítica crónica de A Granxa (Ponteareas). Producida por Verducido, podes atopala co resto das críticas <neste enlace>. Saudos e sorte en Cuntis!!!
Ler máis »
Luns 9 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
A penúltima xornada da VI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo presidida pola carencia de vento, a baixa precipitación e temperaturas con relativa amplitude térmica. A chuvia foi protagonista na primeira metade do día e o vento, por ausencia, durante toda a xornada. Na távoa de resultados atopamos dous…
Ler máis »
Sábado 7 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Ler máis »
Sábado 7 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
A penúltima xornada da VI Liga da Inverneira, en A Granxa, agarda unha borrasca para a primeira parte do día. Pode ser das derradeiras oportunidades de mellorar a tua posición na Clasificación Xeral. Ponteareas é terra de xiadas e néboas, pero este fin de semana a protagonista será a chuvia. Nas apostas de…
Ler máis »
Xoves 5 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
A partires dunha reclamación presentada por Alucarda, expoñemos os feitos. A apostante en cuestión presentara duas apostas o venres 28 de Marzal. A távoa non recoñeceu máis que a primeira aposta e desdeñou a segunda. No repaso visual rutinario non apreciamos ese troco. Pero a tenor da reclamación poidemos ver: A…
Ler máis »
Martes 3 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Saudos, meteoludópatas Ó contrario do que adoita acontecer en eltiempoentuojete, esta semana xa está dispoñible para tod@s a crítica crónica da xornada pasada, e ainda recente, de Xinzo. Podes atopala co resto das críticas da inverneira na páxina de Críticas-crónicas, ou podes acceder dende o botón de embaixo. Crítica…
Ler máis »
Luns 2 de marzo de 2020 · por fran · Ligas
Amencer do luns baixo as nubes Nova xornada baixo a chuvia, desta vez en Xinzo de Limia e baixo a influencia de duas borrascas chegadas do norte. Queda unha sensación de que se podía axitar máis a clasificación xeral, ainda que sí percebemos trocos que poden definir o final da Liga, pendente somentes de duas xornadas.…
Ler máis »
← Máis novosMáis vellos →