eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueLigas

Conxelador avariado

Martes 20 de xaneiro de 2026 · por fran · Ligas

Tampouco é que esté avariado. Simplemente nos ten acostumados ás temperaturas máis baixas das etapas en xogo nesta Liga da Inverneira. Que Calvos en xaneiro non teña valores baixo 0 para ás mínimas é case unha milagre. Somentes unha das apostas non tiña símbolo negativo diante, e foi de 4º. As máximas tamén foron…

Ler máis »

Fogar das xeadas

Sábado 17 de xaneiro de 2026 · por fran · Ligas

A 18ª etapa da Liga da Inverneira visita o linde cos irmaos lusos no concello de Calvos de Randín, coñecido por ter as maiores xeadas do país. Pode que nesta edición non se bata o record de temperatura mínima, dado que semella que a nubosidade non deixará que a xeada fructifique como adoita cando o ceo está despexado.…

Ler máis »

Nada novo baixo a neve

Martes 13 de xaneiro de 2026 · por fran · Ligas

O dito no título. De momento nada cambia na cabeza da clasificación xeral. O líder segue a dominar con man de ferro esta edición da Liga da Inverneira e, como adoitamos dicir, somentes el pode perdela a falta de 10 xornadas, que é moito falar. Os seus secuaces no podio tampouco deixan marxe de dúbida. D@s 4…

Ler máis »

Nos cumios lucenses

Sábado 10 de xaneiro de 2026 · por fran · Ligas

Despóis dun periplo polas zonas altas de ourense trocamos de provincia para achegarnos ata as montañas lucenses, nesta ocasión facendo parada e fonda nos Ancares, con estación do mesmo nome no concello de Cervantes. Semella que as temperaturas teñen tónica ascendente tras as chuvias, que se agardan febles ou…

Ler máis »

Rodicio sobranceiro

Martes 6 de xaneiro de 2026 · por fran · Ligas

A 16ª etapa da Liga da Inverneira, Alto do Rodicio, é unha das senlleiras no calendario, entre as que inauguraron esta porra meteorolóxica. No concello de Maceda, está entre as citas obrigadas do oriente do país. Coma de costume nestas datas natalicias non adoita chover, e unha vez máis foi así, ainda que non restou a…

Ler máis »

Nos cumios ourensáns

Sábado 3 de xaneiro de 2026 · por fran · Ligas

Esta sección da Liga da Inverneira está dedicada ás zonas altas da provincia de Ourense e nesa liña enmárcase a 16ª etapa ubicada no Alto do Rodicio, no concello de Maceda. Agardamos baixas temperaturas, vento medio e algunha posibilidade, ainda que pequena, de chuvia feble. A partires destas prediccións, á xornada…

Ler máis »

O líder todopoderoso

Luns 29 de decembro de 2025 · por fran · Ligas

Rematou a 15ª etapa da Liga da Inverneira en Cabeza de Manzaneda e este ano podemos dicir que sen incidencias sinalables nos aparellos da estación. O anemómetro traballou sen sobresaltos, quizáis polo morno das temperaturas na estación de esquí. Os resultados dos parámetros estiveron relativamente entre os apostados,…

Ler máis »

O ceo da Liga

Domingo 28 de decembro de 2025 · por fran · Ligas

A 1758 metros de altitude se atopa a estación meteorolóxica en xogo esta semana. O cumio da Liga da Inverneira. Cabeza de Manzaneda foi esquecida despóis de anos de contínuos faios sobre todo no seu anemómetro, e, por ser esta unha edición especial, recuperada para a competición especial 500. Pero semella que segue…

Ler máis »

Seguimos en Cabeza

Xoves 25 de decembro de 2025 · por fran · Ligas

Seica o toque dado a Meteogalicia nestes días fixo que aparentemente o anemómetro da estación de Cabeza de Manzaneda traballe coma debe facelo. Por iso imos continuar xogando nesa ubicación para este domingo na 15ª etapa da Liga da Inverneira. Iso sí, o dato deberá estar validado coma “Dato orixinal válido” (1) pola…

Ler máis »

Aplicación do Regulamento

Martes 23 de decembro de 2025 · por fran · Ligas

Clic para ampliar Se vos estades a preguntar por qué nos datos finais da 14ª etapa da Liga da Inverneira, desputada na Serra do Eixo, non aparecen os resultados do refacho de vento, a resposta está na gráfica que se amosa enriba deste texto. O anemómetro deixou de traballar cara as 11:20 da mañanciña e xa non…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →