eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueLigas

Xuntanza no mosteiro

Sábado 11 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

A 4ª etapa da XII Liga da Inverneira localízase ó carón do mosteiro de A Armenteira, no concello de Meis. Semella que o seu desenrolo vai estar marcado polo influxo do anticiclón, que seica lle colleu cariño á vertente noroeste española e deixa as precipitacións e as borrascas para o levante e o sur. Pouco movemento…

Ler máis »

Un vento enguedellado

Martes 7 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

Terceira etapa, desta vez na vertente atlántica do país, cunha estación que fixo honra á súa fama e xogou co vento ata o derradeiro minuto do domingo, facendo subir e baixar a uns e outros na clasificación xeral e que escolleu pola súa conta os gañadores finais do día. Con todo dito dende a tardiña, foi este o único…

Ler máis »

A costa suroeste

Sábado 4 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

Chegamos á 3ª etapa da XII Liga da Inverneira e tocamos por primeira vez a provincia de Pontevedra, no sur da costa atlántica. Castro Vicaludo está no concello de Oia e tamén é un referente dos refachos, desta vez no sur do país. Pero semella que imos ter un tempo solleiro, carencia de precipitacións e, iso sí, unha…

Ler máis »

Nocturnidade e aleivosía

Martes 30 de setembro de 2025 · por fran · Ligas

Da mesma forma que en Corrubedo, ata as 10 da noite do domingo, semellaba que eramos uns virtuos@s da predicción meteorolóxica. Pero non foi así. O resultado no Penedo do Galo foi a suma do acontecido na escuridade e con aleivosía. Os datos de temperatura máxima e mínima semellaban inamovibles dende a madrugada. O…

Ler máis »

Nas terras do vento

Sábado 27 de setembro de 2025 · por fran · Ligas

Segundo asalto desta XII Liga da Inverneira, desta vez trocamos ata de provincia, para achegarnos ata a costa luvense, no concello de Viveiro, na estación de Penedo do Galo, un referente nos refachos de vento da comunidade galega. A ameaza de borrasca quedou en nada, ou case nada pola oposición do anticiclón, pero…

Ler máis »

Amosando a calidade

Martes 23 de setembro de 2025 · por fran · Ligas

Deu comezo a XII Liga da Inverneira de Galicia, de novo no concello de Ribeira, na mítica estación de Corrubedo. E sendo unha etapa cunha probabilidade de chuvia morniña, os resultados foron espectaculares. Somentes os 3 penalizados estiveron por baixo dos 50 puntos, e dous deles, de cumpriren os prazos, estarían no…

Ler máis »

XII Liga da Inverneira. Galicia calling

Sábado 20 de setembro de 2025 · por fran · Ligas

Xa está argallada a 12ª tempadas das competicións de eltiempoentuojete. E, como non, comezaremos coa competición senlleira das que se compón o periplo anual da porra meteorolóxica. A XII Liga da Inverneira de Galicia está en preparada e agardamos que todo, ou case todo, esté disposto e amañado con toda a información…

Ler máis »

Apertura de curso

Sábado 20 de setembro de 2025 · por fran · Ligas

Unha vez máis nos atopamos en Corrubedo, no concello de Ribeira, para inaugurar o curso meteorolóxico amateur de eltiempoentuojete. Iniciamos deste xeito a XII Liga da Inverneira, con sede en Galicia, na primeira das 27 etapas que nos van levar ós catro puntos cardinais do país. Esta xornada semella que non vai ter…

Ler máis »

Unión de final e comezo

Luns 4 de agosto de 2025 · por fran · Ligas

Gran remate do XI Torneo de Vran, polo que xa coñecemos toda a información que nos deixa a competición en Cachemira e, de igual forma, a que precisamos para iniciar o derradeiro concurso da tempada 2024/25, a Ojete’s Cup a desenrolar tamén en territorio pakistaní. Antes de dar conta destas cuestións, imos desgranar o…

Ler máis »

A etapa decisiva

Sábado 2 de agosto de 2025 · por fran · Ligas

Nesta 5ª e derradeira etapa do Torneo de Vran en Cachemira váise decidir todo. A vitoria final, a parcial, os seleccionados para a Ojete’s Cup e, dentro deles, os cacheiras de serie. Garhi Dupatta vai ser o xulgado de garda e o verdugo dos desafiuzad@s para a derradeira competición da tempada 2024/25. E ainda quedan…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →