eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueVI Liga da Inverneira de Galiza

Crónica de O Courel

Mércores 29 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Xa está dispoñible a crítica-crónica correspondente á xornada de O Courel. Está deseñada por Balboa e podes atopala na páxina de almacén de Crónicas. Podes acceder dende este enlace. Críticas crónicas.

Ler máis »

Agardando pola chuvia

Luns 27 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Así pasamos grande parte da tarde e a noitiña. Agardando por unha chuvia que non apareceu ata 2 horas máis tarde do peche da xornada. Ainda así atopamos unha gran cantidade de apostas de moito nivel, en case tódolos casos por riba dos 50 puntos. A máxima a piques de chegar a 9º, pero quedou en 8. A mínima marcou de…

Ler máis »

A chamada do Courel

Sábado 25 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Penúltima etapa de alta montaña a que se vai desputar este domingo en O Courel. Levamos un inverno con pouca precipitación, veremos se continua nesta xornada. Pola banda das apostas, na maioría dos casos todo moi apertado e será complexo acadar un vencedor único. As temperaturas máximas oscilan entre os 6 e os 10º C,…

Ler máis »

A raíña desvaída

Luns 20 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

A xornada de Cabeza de Manzaneda volve a estar marcada polo erro na sua estación. De novo, un ano máis, o anemómetro estrágase cando a tribu de eltiempoentuojete pon en valor o clima do cumio de Galicia. Comezamos a pensar en unha xornada sustituta, por moito mito que sexa C. de Manzaneda. Debemos negociar con…

Ler máis »

A xornada en C. de Manzaneda (2)

Luns 20 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Desta vez cremos que os datos de Meteogalicia son definitivos, polo que os trocos están feitos de acordo os novos parámetros da estación, polo que inclúe o refacho de vento e a xornada é completa. Tódolos trocos podes atopalos no botón baixo estas letras. Resultados definitivos en C. de Manzaneda, etapa 17 da Liga de…

Ler máis »

Aviso: o artigo anterior non vale

Luns 20 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Pedimos desculpas e avisamos que todos os resultados da xornada de Cabeza de Manzaneda están baixo supervisión e comprobación. O motivo: seica Meteogalicia publicou os datos de refacho de vento de onte. Estamos a comprobar que sexan definitivos. No menor tempo posible agardamos ter reconfigurados os resultados en…

Ler máis »

A raíña de Ourense

Sábado 18 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

A xornada do fin de semana despútase na que está adxetivada coma “raíña“. Unha de tantas, pois a Liga da Inverneira está chea delas, pero esta pode considerarse a raíña da provincia de Ourense. O escenario é unha estación de esquí, con máis de 1700 m. de altitude e xogando na metade de xaneiro. Semella unha xornada a…

Ler máis »

Crónica e resumo do outono

Mércores 15 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Saudos, meteoludópatas. Temos duas novidades no día de hoxe. Por unha parte xa contamos coa Crítica-crónica da pasada xornada de Ancares. Realizada por Xowi, podes atopala clicando na foto inferior.. Por outra banda presentamos algunhas estadísticas do outono no artigo “Galicia recupera o outono en 2019”, coa…

Ler máis »

Influenza anticiclónica

Luns 13 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

A chegada das borrascas Despóis dun comezo de Liga da Inverneira pasado por auga, o inverno veu acompañado polo anticiclón, instalado en Galicia a partires do Nadal. Os resultados da xornada de Ancares deixaron de trocar cara o mediodía. Pola tardiña entrou unha pequena borrasca, que non deixou precipitación pero fixo…

Ler máis »

Santa Montaña

Sábado 11 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

A tribu de eltiempoentuojete segue o seu periplo polos cumios da comunidade, coma faría a Santa Compaña, rondando camiños, veigas e casas parroquiais. Desta vez, a cuna da 16ª xornada da Liga da Inverneira está en Ancares, na liña que separa a galegos e leoneses. A xornada chega aparentemente sen auga, pero ainda así,…

Ler máis »

Quente Rodicio

Luns 6 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Nova xornada da VI Liga da Inverneira, a 15ª, desta vez no concello de Maceda. O Alto do Rodicio elevou a sua temperatura ó mediodía ata os 12º C., por riba do promedio e chegou ata os 0º C na madrugada do sábado. Acompañado de sol no ceo e un vento escaso nesas altitudes, deixa dous vencedores nesta xornada de…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →