eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueX Liga da Inverneira

A volta da chuvia

Martes 13 de febreiro de 2024 · por fran · Ligas

Volveu a chuvia a eltiempoentuojete nesta 21ª xornada desputada nun dos templos galegos da precipitación, Fornelos de Montes. Non foron os máis de 50 litros que se rexistraron durante a semana, pero semella rematou a seca que se extendeu por varias semanas. A falta de somentes 5 xornadas hai loitas en tódolos frentes…

Ler máis »

Problemas técnicos

Domingo 11 de febreiro de 2024 · por fran · Ligas

Dende eltiempoentuojete queremos pedir desculpas pola non publicación do resumo previo á xornada do domingo en Fornelos. Problemas técnicos da web impedíunos a presentación do sumario típico da víspera e, xa de madrugada nestes momentos non podemos facer máis que referir ós datos do Horario de apostas e redirixirvos á…

Ler máis »

Sen novidade baixo o sol

Luns 5 de febreiro de 2024 · por fran · Ligas

Non se moveu demasiado a xeral no seu conxunto nesta etapa anticiclónica desputada en Lardeira esta fin de semana. O que sí se acadou foi o rexistro mínimo de refacho de vento en toda a historia desta estación en eltiempoentuojete. Isto sumado a unhas temperaturas mornas e á carencia de chuvia fixo que apenas atopemos…

Ler máis »

Despedida das montañas

Sábado 3 de febreiro de 2024 · por fran · Ligas

Lardeira, 20ª etapa da X Liga da Inverneira, é a derradeira da xeira montañosa polas provincias orientais do país. Esta despedida localízase a máis de 1600 m. de altitude ás beiras dos irmáns leoneses. É unha das zonas máis ventosas de toda Galicia e ainda encabeza a lista das etapas con máis vento rexistrado en…

Ler máis »

Esgotando as montañas

Luns 29 de xaneiro de 2024 · por fran · Ligas

En O Cebreiro celebróuse a penúltima das etapas de montaña que se desenvolven maioritariamente na zona oriental do país, en Lugo e Ourense. Somentes resta Lardeira, en Carballeda de Valdeorras e voltaremos cara a costa galega. Foi esta etapa de O Cebreiro seca e morna e con vento suave, o que propiciou altas…

Ler máis »

Altas presións

Sábado 27 de xaneiro de 2024 · por fran · Ligas

De novo agardamos unha xornada de altas presións, con ceos maiormente despexados, temperaturas mornas e ventos frouxos. Pero esta alta presión tamén se vive na táboa xeral de clasificación, onde os marxes son cada vez máis pequenos cando somentes restan 7 xornadas para o desenlace final. E non se pode agardar a etapas…

Ler máis »

Un pesadelo para o líder

Luns 22 de xaneiro de 2024 · por fran · Ligas

En O Courel, unha xornada considerada como achanzada na que non se agardaban grandes movimentos, convertéuse nunha etapa con trocos na xeral, sobre todo no Top-10, a pesares da carencia de chuvia, ventos altos e temperaturas frías. As chaves estiveron na pésima xestión do refacho por parte do líder Kaltxon e a…

Ler máis »

Aire do sur

Sábado 20 de xaneiro de 2024 · por fran · Ligas

A 18ª etapa da Liga da Inverneira en Folgoso ven marcada polo cambio a vento sur que vai deixar atrás as xeadas matinais á conta da subida das temperaturas mínimas e, en menor medida, tamén as máximas. Por iso semella imos ter unha situación semellante en anormalidade á pasada en Calvos. Somentes, dicimos, na súa…

Ler máis »

Labazada en Calvos

Luns 15 de xaneiro de 2024 · por fran · Ligas

Gran xornada a desputada en Calvos de Randín, onde a súa estación petou nos fuciños da maioría de apostantes, entre os que somentes 8 acadaron os 40 puntos. A chuvia sorprendeu a case tod@s, pero o vento frouxo tamén fixo das súas e as temperaturas, sobre todo a mínima barreu a moit@s dos competidores que non…

Ler máis »

Compricada decisión

Sábado 13 de xaneiro de 2024 · por fran · Ligas

Semella que a aposta deste fin de semana en Calvos non foi sinxela. Os poucos datos históricos que acumulamos doutras edicións fan referencia a tempo seco e con temperaturas baixo cero. A característica desta estación son as xeadas e seica nesta ocasión seica imos desputar unha etapa baixo a chuvia e con temperaturas…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →