eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

Praza no Olimpo meteorolóxico amateur

Martes 27 de agosto de 2024 · por fran · Ojete's Cup

Derradeira rolda de competición nesta tempada 2023/24 en eltiempoentuojete e abofé que foi emocionante ata o derradeiro minuto. En breve presentaremos unha listaxe coa clasificación xeral máis clara que a que podes ver no Cadro de Competición, ainda que os competidores sabedes o resultado polo que loitabades. Antes de…

Ler máis »

Loitas finais

Domingo 25 de agosto de 2024 · por fran · Ojete's Cup

Berhampore é a derradeira parada nesta Ojete’s Cup 2024 en West Bengala. Decídense as posicións finais do torneo e despídese a 11ª tempada ata o comezo da 12ª datado cara o fin de septembro. Coa vista posta na gran final, na loita polo podio, o quinto posto e a final B, entre os enfrontamentos máis destacados, imos…

Ler máis »

Obxectivos finais

Martes 20 de agosto de 2024 · por fran · Ojete's Cup

Penúltima eliminatoria de cara á consecución dunha posición final e despois da celebración da 3ª rolda xa dispoñemos dos enfrontamentos definitivos nesta Ojete’s Cup 2024 en West Bengal. O fin da 11ª tempada aproxímase e mellor deixar un bó sabor nos beixos que un amargor de boca ata o inicio da seguinte.Imos…

Ler máis »

Rolda 3

Sábado 17 de agosto de 2024 · por fran · Ojete's Cup

Chegamos á 3ª rolda da Ojete’s Cup en Bengala facendo parada e fonda en Digha, a cidade de vacacións do sureste do estado de West Bengal. Temos as loitas por entrar na final do torneo, polo 5º posto, por acadar a final B e por evitar a vergoña de perder tódolos enfrontamentos, ainda que queda outra rolda para decicir…

Ler máis »

Seco Barrackpore

Martes 13 de agosto de 2024 · por fran · Ojete's Cup

Gran susto o que levamos os que estabamos erguidos no inicio da etapa en Barrackpore cara as 02:30 da madrugada. A estación non proporcionaba datos de ningún tipo e tememos pola posible suspensión da xarnada. Pero á mañanciña seguinte pudemos constatar que comezou a presentar os datos ás 04:45 (hora da estación) e ó…

Ler máis »

Nova rolda: Barrackpore

Sábado 10 de agosto de 2024 · por fran · Ojete's Cup

Segunda rolda da Ojete’s Cup en Bengala cuxo desdtino desta volta é Barrackpore, no sur do estado. Para os participantes do lado verde do cadro, os que gañaron a súa primeira confrontación, é unha busca das semifinais do torneo, mentras que para o resto é unha oportunidade de clasificar o mellor posible e rematar coa…

Ler máis »

Sorpresa na apertura

Martes 6 de agosto de 2024 · por fran · Ojete's Cup

Unha vez desputada a primeira rolda da Ojete’s Cup en Bengala temos que anunciar algunha sorpresiña nos enfrontamentos en Balurghat. Pero antes imos facer un breve repaso do acontecido nesta xornada inaugural. A chuvia foi determinante en moitas das batallas planteadas en Balurghat e non se fixo agardar. Nas duas…

Ler máis »

Rolda inicial

Sábado 3 de agosto de 2024 · por fran · Ojete's Cup

Rolda inaugural para os mellores 16 xogadores do Torneo de Vran en Bengala, onde se vai a seguir competindo durante as 4 roldas das que compoñen a Ojete’s Cup. Balurghat, en South Dinjpur é a escollida para o pistoletazo de saída. As apostas en tempertura máxima oscilan entre os 33 e os 36º C. As mínimas van dende os…

Ler máis »

O final que determina un inicio

Luns 29 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Chegou o final do X Torneo de Vran en West Bengal e xa temos os resultados definitivos da competición. Coronamos a un novo semideus para o que se abren as portas do Olimpo meteorolóxico amateur. Bar Pequeno deu coa chave do trunfo sobre todo baseado na súa predicción na pluviosidade. Gañou con consistencia, os 12…

Ler máis »

A derradeira parada

Sábado 27 de xullo de 2024 · por fran · Ligas

Jalpaiguri é parada e fonda para a derradeira xornada do Torneo de Vran en West Bengal. Eiquí decídese a asistencia e o lugar a ocupar na Ojete’s Cup 2024. Tamén o vencedor final xunto co podio. Preto da fronteira con Bangladesh teremos resposta a tódalas preguntas feitas no inicio da competición. E a chave está nas…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →