eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

Sen etapas de transición

Mércores 27 de maio de 2026 · por fran · Ligas

A etapa de Nakasuji, a 6ª da xeira en Okinawa, semellaba de transición vendo os resultados globais dos participantes, con 4 gañadores moi preto do pleno e puntuacións de altísimo nivel entre os compoñentes de eltiempoentuojete. Pero indo máis polo miúdo observamos pequenos trocos importantes na xeral que poden ser de…

Ler máis »

Okinawa: 2ª parte

Sábado 23 de maio de 2026 · por fran · Ligas

Nakasuji fai a 6ª etapa desta Liga de Primaveira en 2026. Primeira da segunda parte desta Liga onde xa podemos ver diferenzas sinalables. E non semella que iso vaia cambiar moito este domingo, pois as previsións son de seca, con temperaturas altas e ventos medios. Iso mesmo predican as apostas, con diferenzas pouco…

Ler máis »

Grandes competencias

Martes 19 de maio de 2026 · por fran · Ligas

A xornada de Minami Daito, a que facía o final da primeira parte da competición, estivo marcada polo alto rendimento dos participantes, con puntuacións que non baixaron dos 50 puntos en ningún caso. Podemos dicir que foi por pouco, xa que dende o remate da nosa xornada ata as 02:00 rexistráronse 6 litros. Pena dalgún…

Ler máis »

Primeira parte do xogo

Sábado 16 de maio de 2026 · por fran · Ligas

Minami Daito vai ser a etapa que marque a primeira metade da competición na Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Ainda que semella que vai ser case de transición. Non se agardan precipitacións (xa veremos), as temperaturas son mornas sen apenas amplitude térmica e somentes os refachos de vento poden ser decisivos…

Ler máis »

A volta da chuvia

Luns 11 de maio de 2026 · por fran · Ligas

Antes de nada, desculpas pola non presentación da táboa de apostas no sábado. Un pantallazo azul de morte no PC trucou esta acción e case nos deixa sen a retransmisión ao vivo da xornada. Non podo dicir que non se volva repetir. Oku é o paraiso onde se desputou esta 4ª etapa da XII Liga de Primaveira e podemos dicir…

Ler máis »

Chuvia tardía

Martes 5 de maio de 2026 · por fran · Ligas

Ashimine foi o destino desta 3ª etapa da XII Liga de Primaveira en Okinawa. Agardábase chuvia, pero o día mantívose seco. Somentes comezou a chover unha vez finalizada a xornada, cara as 02:00 horas e foi intensa. Libres dese parámetro, as temperaturas e o refacho decidiron o resultado final. A temperatura mínima…

Ler máis »

Chuvia dubidosa

Sábado 2 de maio de 2026 · por fran · Ligas

Voltamos á inestabilidade nesta 3ª etapa da Liga de Primaveira en Okinawa. Ashimine vai ter de novo esa incógnita da chuvia, que semella que nestas latitudes é francamente compricada de predicir. Polo visto nas primeiras xornadas, todo pode acontecer e seica as temperaturas e o vrnto non van quedar por tras. Ashimine…

Ler máis »

Pouco agardada

Luns 27 de abril de 2026 · por fran · Ligas

A etapa de Izena, 2ª da XII Liga de Primaveira, volveu deixar en evidencia á congregación de eltiempoentuojete. Non polas temperaturas nin polo refacho, onde a gran maioría puntuou alto abondo, senón no parámetro de chuvia. Moit@s incluso repetiron a aposta cara a seca da primeira xornada. Erro maiúsculo. Preto das…

Ler máis »

2ª batalla

Sábado 25 de abril de 2026 · por fran · Ligas

Segunda etapa da XII Liga de Primaveira en Okinawa e desta vez imos parar na illa principal, a de Okinawa. O destino é Izena, paraiso no pacífico que volverá a por en xaque os meteoludópatas de eltiempoentuojete. Desta vez semella máis tranquila a cousa pero sen seguridade sobre se choverá ou non e en caso positivo,…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →