eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

Piano, piano

Sábado 4 de maio de 2024 · por fran · Ligas

Chegamos á etapa que marca o fin da primeira metade desta X Liga de Primaveira no Adriático cunha xornada que semella reposada e calma, ainda que ás veces as apariencias enganan. A rexión de Friul Venecia Julia acolle a primeira das duas etapas a desputar no seu territorio. Semella un día primaveral, con vento frouxo,…

Ler máis »

A chuvia italiana

Martes 30 de abril de 2024 · por fran · Ligas

Xornada chuviosa na 4ª etapa da X Liga de Primaveira no seu primeiro contacto con terras itálicas do norte. O Lago de Como foi testigo do troco no liderato da xeral e do ascenso e descenso de moit@s meteoludópatas, coa chuvia coma protagonista, xunto a un vento frouxo e unhas temperaturas baixas e con pouca amplitude…

Ler máis »

O lago do luxo

Sábado 27 de abril de 2024 · por fran · Ligas

A 4ª etapa da Liga de Primaveira lévanos ata a 1ª xornada en terras italianas, no Lago di Como, fogar de Donatella Versace, Madonna ou Berlusconi, polo que a zona está rodeada do luxo dos seus paisaxes e o das grandes fortunas que aquí teñen a sua segunda residencia. As axencias meteorolóxicas sinalan tempo chuvioso,…

Ler máis »

As covas croatas

Luns 22 de abril de 2024 · por fran · Ligas

As Covas de Cerovac foron o escenario da 3ª etapa da X Liga de Primaveira e a despedida de terras croatas cara Italia. E coma en calqueira cova, as temperaturas foron frescas, estivemos cubertos da chuvia e o vento foi testimonial. A temperatura mínima non baixou moito na madrugada e houbo que agardar ata a derradeira…

Ler máis »

Despedindo Croacia

Sábado 20 de abril de 2024 · por fran · Ligas

Derradeira xornada en Croacia antes de cruzar a fronteira cara Italia, desta volta a desputar nas Covas de Cerovac, na provincia de Zagreb. Semella que estos días pasados estivo a nevar na zona e que existen posibilidades de nevadas no domingo, durante o desenvolvemento da etapa. Seica hai un pequeno grupo que…

Ler máis »

Unha vitoria coral

Martes 16 de abril de 2024 · por fran · Ligas

A segunda etapa da xeira croata desta vez non tivo as sorpresas da etapa inaugural e, sendo seca e de baixo vento, semellou sinxela para a maioría dos participantes na X Liga de Primaveira. A temperatura mínima foi un pouco máis baixa do agardado pero nuns límites aceptables, rexistrando 12º C. A máxima mantívose…

Ler máis »

A illa do tesouro

Sábado 13 de abril de 2024 · por fran · Ligas

A illa de Zlarin acolle a segunda etapa da X Liga de Primaveira no Adriático dentro da xeira de tres a desputar en Croacia. A priori semella como Brezovacko, sen sorpresas nin desgustos, pero tod@s sabemos o que pasou en Brezovacko. o que seica vai ser seguro é que continuaremos sen precipitacións nesta primaveira na…

Ler máis »

Toma de contacto xeada

Luns 8 de abril de 2024 · por fran · Ligas

A primeira xornada en Croacia deixa un sabor de boca amargo para moit@s dos participantes na X Liga de Primaveira no Adriático. Somentes media ducia de xogadores deron rañado puntos no parámetro de temperatura mínima. Non se recorda cousa igual nas competicións desputadas. Cunha media aproximada de 9/10º C. apostados,…

Ler máis »

Inauguración en Croacia

Sábado 6 de abril de 2024 · por fran · Ligas

Benvid@s de novo a unha nova aventura meteoludópata de eltiempoentuojete. Nesta ocasión desprazámonos ata o norte do Mar Adriático para a desputa da X Liga de Primaveira. Ata mediados de Xuño ó longo de 10 etapas visitaremos Croacia, Italia e Eslovenia na procura dun vencedor para a única no mundo porra meteorolóxica…

Ler máis »

X Liga de Primaveira no Adriático

Martes 2 de abril de 2024 · por fran · Ligas

Dende eltiempoentuojete poñemos no teu coñecemento o inicio da nova competición meteorolóxica para esta primaveira. A X Liga de Primaveira na súa edición no Adriático, con sedes en Croacia, Italia e Eslovenia. Para xogar con nós somentes debes entrar na web e fozar nela. Para o máis importante, vai ó menú de acceso…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →