eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

Noite tropical na Mariña

Luns 2 de outubro de 2023 · por fran · Ligas

Espectacular xornada cálida a desenrolada (ou sufrida) no Penedo do Galo, con marcas inéditas nestas datas de Outubro. Falábamos na previa da aposta arriscada de Bar Pequeno, cos seus 22º C. de mínima. Hoxe, despois do remate do domingo, falamos da sua aposta coma unha das gañadoras xunto con Popolo. 55 puntos nunha…

Ler máis »

Vran de S. Miguel en Viveiro

Sábado 30 de setembro de 2023 · por fran · Ligas

Seguimos coa secuencia anticiclónica de cara á segunda etapa da Liga da Inverneira, desta vez na provincia de Lugo, na zona da mariña, no alto que se sitúa no fondo da ría que corona Viveiro. Penedo do Galo, xa un clásico nestas datas pode ser outra oportunidade de entrar no Olimpo meteorolóxico coma fixo Breogán77 na…

Ler máis »

Novo membro no Olimpo

Luns 25 de setembro de 2023 · por fran · Ligas

eltiempoentuojete volve a abrir a cancela do Olimpo Meteoludópata para recibir a Breogán77, que moito tempo despois da derradeira apertura, obra a milagre de facer os 60 puntos posibles, ou dito de outra forma, o PLENO da predicción meteorolóxica nunha xornada da Liga da Inverneira. Pódese pensar que foi unha etapa…

Ler máis »

Presentación do novo curso

Sábado 23 de setembro de 2023 · por fran · Ligas

Primeiro día de clase neste curso 2023/24 de eltiempoentuojete coa presentación da X Liga de Inverneira na Galiza. Dar a benvida agarimosa a tódol@s que fan posible a competición senlleira de eltiempoentuojete. Orgullosos de ver de novo os grandes protagonistas da porra meteorolóxica, única na sua especie, e tamén de…

Ler máis »

O retorno da competición

Martes 12 de setembro de 2023 · por fran · Ligas

Hoxe anunciamos á volta da competición estrela de eltiempoentuojete. Despois dunha derradeira tempada en blanco, sentimos que estamos preparados para a X Liga da Inverneira, datada entre finais de setembro de 2023 e mediados de marzo de 2024. Son 26 etapas, na maioría dos casos as mesmas de edicións pasadas. Sen…

Ler máis »

Tomando posicións

Luns 3 de outubro de 2022 · por fran · Ligas

A 2ª etapa da IX Liga da Inverneira en Penedo do Galo, Viveiro, atopóuse de fronte co vran de San Miguel, fenómeno de tempo anticiclónico que coincide unha semana despois do inicio do outono. A chuvia non tivo nada que ver no desenrolo da xornada e o vento foi, despois da sobremesa, a que decidiu o resultado final. A…

Ler máis »

O penedo do norte

Sábado 1 de outubro de 2022 · por fran · Ligas

A segunda xornada de xogo da IX Liga da Inverneira ven dominada pola influenza anticiclónica no Atlántico. Iso quere dicir que o vento predominante para o domingo será o nordés, con temperaturas cara a baixa, carencia de precipitación e amplitude térmica entre o día e a noite. Dous apostantes chegaron máis aló do…

Ler máis »

Sorpresa na estrea

Luns 26 de setembro de 2022 · por fran · Ligas

Primeira etapa da IX Liga da Inverneira e, coma na maioría dos casos en Corrubedo, tivo un gañador en soidade, incluso parecendo unha etapa achanzada, sen chuvia e coas temperaturas agradables ó carón do mar. Pero facendo as contas é como se coñecen os datos. A temperatura mínima baixou con respecto a días anteriores,…

Ler máis »

Inauguración da Inverneira

Sábado 24 de setembro de 2022 · por fran · Ligas

Benvid@s de novo, meteoludópatas, a unha nova tempada de competicións meteorolóxicas en eltiempoentuojete. Esta 10ª tempada comeza co 9º certame na Galiza, a Liga da Inverneira. Ó longo de 6 meses faremos prediccións nas máis senlleiras estacións meteorolóxicas da rede de Meteogalicia, nun periplo que nos levará dende…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →