eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

O fin da Primaveira

Luns 13 de xuño de 2022 · por fran · Ligas

Fin de ciclo estacional en Ontario, cos resultados definitivos da IX Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Cociñóuse durante 9 xornadas e na 10ª, en Welland – Pelham fixemos o emplatado e eiquí presentamos os mellores platos treboentos. En Welland – Pelham as temperaturas estiveron dentro do agardado, marcando 15º…

Ler máis »

Último asalto

Sábado 11 de xuño de 2022 · por fran · OjeteQuake

Derradeira xornada da IX Liga de Primaveira en Ontario e ainda hai posibilidades de mellora á conta dunha etapa presumiblemente sobre chuvia, que pode revirar a clasificación xeral no súa derradeira cita. O podio podería trocar, ainda que as maiores oportunidades atopámolas entre os 15 primeiros. Opcións de podio, de…

Ler máis »

Pendentes da derradeira

Luns 6 de xuño de 2022 · por fran · Ligas

Penúltima etapa da IX Liga de Primaveira na capital canadiana, Ottawa. As temperaturas estiveron dentro do agardado pola maioría, acadando unha mínima na madrugada que chegou ata os 8º C. A máxima marcóuse na sobremesa con 22º C. A chuvia non fixo aparición e os refachos de vento quedaron un pouco por baixo do…

Ler máis »

Penúltima oportunidade

Sábado 4 de xuño de 2022 · por fran · Ligas

Chegamos ata a 9ª etapa da IX Liga da Inverneira, penúltima ocasión de mellorar, obter unha vitoria ou adiantar a un contrincante incómodo. A cita é na capital do Canadá, Ottawa, cun clima sosegado a tenor das apostas dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. Moito que decidir e moito que preparar para chegar á xornada…

Ler máis »

As cifras de Maio

Martes 31 de maio de 2022 · por fran · Ligas

Hoxe, no derradeiro día do mes de Maio, presentamos as estadísticas correspondentes a este mes. Un informe dos valores acadados nas etacións meteorolóxicas en desputa, xunto cunha comparativa co mesmo mes do ano pasado. Un informe dos parámetros confrontados co resto de anos de competición e, coma sempre, a…

Ler máis »

Nas lindes do marco

Luns 30 de maio de 2022 · por fran · OjeteQuake

A xornada de Chatham comezou marcando a temperatura mínima nas primeiras horas, sinalando os 13º C. coma definitiva. A máxima acadóuse na sobremesa, que en principio indicaba 23º C. e que posteriormente, no histórico, retocóuse ata os 24º C. definitivos. A xornada ao vivo amosaba precipitación lixeira cara as 03:00…

Ler máis »

O tramo final

Sábado 28 de maio de 2022 · por fran · OjeteQuake

A xornada a desputar en Chatham e a primeira das tres que restan para rematar a IX Liga de Primaveira en Ontario. É o momento de poñer todo o raxo na grella, sen esquecer o punto de sal. Compre ser efectivo xa dende esta xornada e xa imos coñecendo o cambiante clima de Ontario, polo que mellor estuda todo o posible o…

Ler máis »

Treboada seca sobre Waterloo

Luns 23 de maio de 2022 · por fran · Ligas

Batalla librada ata o derradeiro minuto (e máis aló) na campa de Kitchener – Waterloo, sobre un terreo que se agardaba enchoupado, pero que non foi máis que un chifirís para non levantar o po que arrastraba o vento norte que en ocasións sopraba con forza. As temperaturas acadaron a máxima ás 09:00 horas da mañán con…

Ler máis »

Batalla en Waterloo (bis)

Sábado 21 de maio de 2022 · por fran · Ligas

A 7ª etapa da IX Liga de Primaveira rememora o fin do Imperio francés de Napoleón Bonaparte en territorio belga. Na nosa batalla, a celebrar moi lonxe do lugar orixinal, non hai coalicións nen nada parecido. Vai ser unha batalla entre máis de 30 exércitos pequenos no norte do continente americano en campo…

Ler máis »

Abrindo un corte

Luns 16 de maio de 2022 · por fran · Ligas

A 6ª etapa da IX Liga de Primaveira, desputada en Point Petre, dixa uns resultados que semellan abren un corte na parte alta da Clasificación xeral. É unha distancia salvable, pero que mellor sería pechar canto antes por parte dos interesados persecutores. Troco de liderato que asume Botikas, acompañado de Sarabia,…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →