eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

Calma chicha e un feito in-sospeitado

Luns 24 de xaneiro de 2022 · por fran · Ligas

Moi tranquila resultou a xornada desputada este fin de semana en O Courel, coa falta de chuvia coma factor determinante. Pero tamén o foi o rexistro de refacho de vento, frouxo, acompañado de temperaturas dentro do agardado. A temperatura mínima acadóuse na mañanciña do domingo, situándose en 0º C. A máxima alzóuse…

Ler máis »

Xeadas anticiclónicas

Sábado 22 de xaneiro de 2022 · por fran · Ligas

O anticiclón segue a dominar o sur de Europa, deixando xeadas e friaxe nas noites e amenceres e tempo solleiro durante o día. A estación de O Courel está máis acostumada ás chuvias de inverneira, pero a súa situación na provincia de Lugo fai que non sexa estrana esta situación xélida. Semella que o movimento na xeral…

Ler máis »

Máis axitación da agardada

Luns 17 de xaneiro de 2022 · por fran · Ligas

Sen estar considerada coma unha etapa de “transición”, a xornada de Calvos semellaba de pouco movemento para a clasificación xeral. Pero co marxe de diferenzas tan escaso, un miserable punto pode trocar moito a cadencia agardada. Sen ocorrencia de auga e co vento moi frouxo, somentes as temperaturas poderían modificar…

Ler máis »

Convidad@s no conxelador

Sábado 15 de xaneiro de 2022 · por fran · Ligas

A estación de Calvos e unha das máis frias no inverno galego. Ao sur de Xinzo de Limia e ó carón dos irmáns lusos, deixou esta mesma mañanciña unha marca de -7,5º C. Semella que no domingo no baixará tanto a temperatura, pero haberá que agardar. A chuvia non debería de facer aparición, pero a nubosidade tentará evitar…

Ler máis »

Abaneando a maceira

Luns 10 de xaneiro de 2022 · por fran · Ligas

Ancares xa tiña un historial de chuvia bastante activo nos anos anteriores. 5 das 7 edicións desputadas xogáronse en mollado, pero cunha recollida máxima de 6 litros. Este ano rachou a cabaza con 31 litros apañados neste domingo. Foi o parámetro máis abultado, pero precisou moito acerto tanto nas temperaturas coma nos…

Ler máis »

Ancares na tempestade

Sábado 8 de xaneiro de 2022 · por fran · Ligas

Etapa de altura a que nos agarda en Ancares, a máis de 1300 metros de altitude e coa ameaza dunha borrasca atlántica que podería convertir o escenario nun inferno meteorolóxico. É das etapas que mudan a clasificación xeral, con tódolos parámetros en acción, pois segundo as apostas, hai moita marxe entre participantes.…

Ler máis »

Ano novo no Rodicio

Luns 3 de xaneiro de 2022 · por fran · Ligas

Primeira xornada do ano 2022 e semella que a clasificación xeral volta a estar máis parella que nunca antes nesta edición. As temperaturas foron altas para a época do ano, cunha mínima que quedou estancada en 7º C. A máxima acadóuse no mediodía, cun valor de 12º C. A chuvia concentróuse nas primeiras horas do día,…

Ler máis »

A primeira do ano

Sábado 1 de xaneiro de 2022 · por fran · Ligas

A etapa do Alto do Rodicio apostóuse no 2021 e váise desputar xa no ano 2022. De seguro que as apostas están cheas de boas intencións, pero xa sabemos que os resultados non poden favorecer a tódol@s participantes. Agárdase para este domingo a entrada dunha pequena fronte que podería deixar ou non precipitacións no…

Ler máis »

Maese Decembro

Martes 28 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

As estadísticas falaron. E sinalan a un xogador coma Gran Maese Decembro. Coronan ó xogador con o mellor desempeño nas catro xornadas desputadas este mes. Pero tamén amosan as melloras de moitos xogadores cara seu obxetivo final. Os destacados no acerto en cada un dos parámetros do xogo, vitorias e medias de…

Ler máis »

Ferve o eixe en A Veiga

Luns 27 de decembro de 2021 · por fran · Ligas

Xornada memorable a desputada neste derradeiro fin de semana do ano 2021. A estación meteorolóxica da Serra do Eixe foi o campo de batalla ideal, con moitas modificacións en tódolos parámetros ó longo do día. Para estar a máis de 1200 metros de altitude e a finais de decembro as temperaturas foron moi altas, cunha…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →