eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

Un inicio coñecido

Luns 27 de setembro de 2021 · por fran · Ligas

Rematou a etapa inaugural da VIII Liga da Inverneira, con Corrubedo coma escenario e cun resultado algo semellante a outras edicións. As temperaturas estiveron por baixo do agardado en xeral, quedando a mínima en 15º C. A máxima acadóuse cara o mediodía do domingo. Na sobremesa nubróuse o ceo e non permitiu acadar…

Ler máis »

Arranque en humidade

Sábado 25 de setembro de 2021 · por fran · Ligas

Corrubedo acolle coma sempre o inicio de competición da VIII Liga de Inverneira de eltiempoentuojete. Ata 36 participantes apostaron nesta xornada inaugural, que ainda podería ampliarse antes das 16:00 horas. Se esqueciches apostar, estás a tempo. Damos a benvida a tod@s os apostantes nesta nova edición, e acollemos…

Ler máis »

Arribando na terriña

Luns 20 de setembro de 2021 · por fran · Ligas

Video promocional, aporte de Jose Lopez eltiempoentuojete volta á o lugar onde retorna cada ano a tropa de meteoludópatas amateurs. Esta tempada ainda quente levóunos ata terras de inspirado corte anglosaxón, nunha diáspora na que exploramos o sur e o norte dos USA e Escocia, no norte do Reino Unido. Pero xa botabamos…

Ler máis »

Resumo da 8ª tempada de eltiempoentuojete

Luns 6 de setembro de 2021 · por fran · Ojete's Cup

Rematou a 8ª tempada de competicións meteorolóxicas de eltiempoentuojete e estamos no tempo de botar contas. Dous novos paises engrosan o listado das competicións xogadas no extranxeiro. O inicio da tempada foi na casa, en Galicia. Verducido, Botikas e Beocha pronto puxeron terra de por medio co resto de competidores.…

Ler máis »

Novos licenciados

Luns 30 de agosto de 2021 · por fran · Ojete's Cup

Fin de tempada en eltiempoentuojete Fin de tempada en eltiempoentuojete con dous novos heróes abrindo a porta de cadanseu Olimpo. Julio venceu a Xowi nunha desputa que tivo que chegar ata o desempate por refacho. Namentras, Jose Lopez acada o seu primeiro título na Liga dos Terremotos, mantendo a posición ante os…

Ler máis »

Gran remate de tempada

Sábado 28 de agosto de 2021 · por fran · OjeteQuake

Este fin de semana remata a 8ª tempada de eltiempoentuojete. Chega ó seu fin co desenlace da competición meteorolóxica, a Ojete’s Cup 2021 en Escocia, e a sísmica, a OjeteQuake 2021. A Ojete’s Cup vai ter un gañador a primeiras, con dous xogadores inéditos nunha final do torneo de un-contra-un. A OjeteQuake ainda está…

Ler máis »

Troco de estación

Martes 24 de agosto de 2021 · por fran · Ojete's Cup

Dende eltiempoentuojete queremos dar conta do mal funcionamento da estación meteorolóxica de Lagganlia, derradeira xornada da Ojete’s Cup 2021 en Escocia. Trocamos o lugar de xogo cara a estación máis cercana á xa establecida e que non da síntomas de erro. A nova estación é Cherry Cottage, no mesmo concello das…

Ler máis »

Cara a loita final

Luns 23 de agosto de 2021 · por fran · Ojete's Cup

Gran xornada a desputada no concello de Lanarkshire, ounde a estación de Roberton decidiu a sorte dos participantes e a derradeira loita por unha posición orgullosa ou de decepción. A xornada comezaba con unha tímida chuvia que amenazaba con coller corpo. Pero foi a derradeira noticia húmida que recibiu a estación en…

Ler máis »

Penúltima da tempada

Sábado 21 de agosto de 2021 · por fran · OjeteQuake

Antes de nada debemos pedir desculpas pola derruba da páxina principal durante o día de hoxe. Unha actualización fixo estragos no blog, onde se deberían amosar as apostas da penúltima xornada, a desputar este fin de semana en Roberton. Semella todo arranxado, pero se advertides algún erro de calqueira tipo, sexa…

Ler máis »

Frescura en Gulberwick

Luns 16 de agosto de 2021 · por fran · Ojete's Cup

Rematou a segunda rolda da Ojete’s Cup en Escocia e xa temos semifinais para o título. As temperaturas foron baixas, coma corresponde á sua situación. Rexistráronse 12º C. no mediodía e xa na tardiña acadóuse a mínima en 8ºC. Choveu miúdo e por tramos, para meter 4 litros no pluviómetro. Os refachos foron de gama…

Ler máis »

Traballando no Gran Sol

Sábado 14 de agosto de 2021 · por fran · OjeteQuake

A segunda rolda da Ojete’s Cup en Escocia 2021 lévanos ata o territorio do Mar do Norte, concretamente ata as Illas Shetland. Alí, en Gulberwick vaise dilucidar quen loitará polos mellores postos e que terá que loitar pola vergoña propia. Agardamos unha xornada semellante á da pasada semana, con chuvia e refachos de…

Ler máis »

Segundo asalto

Martes 10 de agosto de 2021 · por fran · Ojete's Cup

Xa temos o cadro de competición desta segunda rolda da Ojete’s Cup. En verde, @s clasificad@s para loitar polas oito mellores plazas da xeral. Quen pase esta fase estará entre os 4 mellores e loitará polas medallas. En vermello, na batalla polas posicións dende o 9 ata o 16. Na parte superior do cadro, dos 4 cacheiras…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →