eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

Un nome especial

Sábado 11 de abril de 2020 · por fran · Ligas

A segunda xornada da Liga de Primaveira en New South Wales lévanos ata un lugar cun nome ben estrano. Murrurundi Gap, un lugar de altura, presentará batalla a cada meteoludópata personado na liña de saida. Agardamos unha nova xornada en seco, despois de dous días de chuvia. As temperaturas máximas van dende os 16 ata…

Ler máis »

Aprobad@s con nota

Luns 6 de abril de 2020 · por fran · Ligas

Rematada a primeira xornada da VII Liga de Primaveira en New South Wales, temos que felicitar a case canto apostante se presentou a esta nova aventura de eltiempoentuojete. 2 apostantes perdidiñ@s no mapa e un retrasado foron os únicos participantes por baixo dos 50 puntos. De novo temos que falar de dous gañadores…

Ler máis »

A liña de saida

Sábado 4 de abril de 2020 · por fran · Ligas

Xornada inaugural da VII Liga de Primaveira baixo o estado de emerxencia polo coronavirus. Afortunadamente somos das poucas competicións ó aire libre que temos permiso específico para desenrolar o noso vicio meteorolóxico. Todo grazas a que as estacións de o BOM, o servizo australiano de meteoroloxía, están…

Ler máis »

Soñando con canguros

Sábado 28 de marzo de 2020 · por fran · Ligas

Dende eltiempoentuojete desexamos que estés o mellor que se poida nunha emerxencia pandémica coma esta. Agardamos que te manteñas o máis protexido posible. Ou, no pior dos casos, que teñas ou tiveras o COVID-19 e non te afectara de maneira grave. E enviamos unha grande aperta envasada ó vacío a tódol@s profesionais da…

Ler máis »

Presentación da VII Liga de Primaveira

Venres 20 de marzo de 2020 · por fran · Ligas

Dende eltiempoentuojete presentamos o novo desafío para a primaveira de 2020. A VII edición da Liga de Primaveira vaise celebrar en territorio australiano. Vai ser a terceira visita que facemos ó xigantesco país de Oceanía. Despóis de facer parada e fonda en Tasmania (2016) e no Western Territory (2018), desta vez o…

Ler máis »

Crítica final de Cuntis

Xoves 19 de marzo de 2020 · por fran · Ligas

Xa está a disposición de tod@s a crítica crónica da derradeira xornada da VI Liga da Inverneira, en Xesteiras, Cuntis. Perpetrada por Popolo, aborda temas de actualidade, con xermes históricos. Podes atopala no botón de embaixo. Crítica crónica en Xesteiras, Cuntis. (Popolo) Recorda que a partires de mañán Venres 20…

Ler máis »

Coronavirus e clima

Mércores 18 de marzo de 2020 · por fran · Ligas

Namentras agardamos pola crítica crónica da etapa final da Liga da Inverneira, publicamos unha pequena aproximación á relación do Coronavirus COVID-19 co clima, cunha comparativa con pandemias por coronavirus dos derradeiros anos. Presentada por Verducido, podes acceder clicando no botón de embaixo. Tamén podes ler…

Ler máis »

Facendo historia

Luns 16 de marzo de 2020 · por fran · Ligas

A derradeira xornada da VI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo á altura dunha etapa final e a estación respondeu coma non fixera o ano pasado. eltiempoentuojete corona por terceiro ano consecutivo a Botikas, o lóstrego atetillado de Arzúa. Cando gañas duas veces consecutivas entras na suite do Olimpo da…

Ler máis »

Confinad@s en Cuntis

Sábado 14 de marzo de 2020 · por fran · Ligas

Xornada final da VI Liga da Inverneira marcada pola irrupción do coronavirus, alias COVID-19. En eltiempoentuojete tamén temos cuarentena, fixada meses atrás, pero voltaremos no mes de Abril coa competición fora das nosas fronteiras, a VII Liga de Primaveira. Namentras, recorda lavar as mans, gardar distancias e…

Ler máis »

A Crítica de A Granxa (Verducido)

Mércores 11 de marzo de 2020 · por fran · Ligas

Xa está a disposición de tod@s a crítica crónica de A Granxa (Ponteareas). Producida por Verducido, podes atopala co resto das críticas <neste enlace>. Saudos e sorte en Cuntis!!!

Ler máis »

Sen rebelión en A Granxa

Luns 9 de marzo de 2020 · por fran · Ligas

A penúltima xornada da VI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo presidida pola carencia de vento, a baixa precipitación e temperaturas con relativa amplitude térmica. A chuvia foi protagonista na primeira metade do día e o vento, por ausencia, durante toda a xornada. Na távoa de resultados atopamos dous…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →