eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

Blogue

A raíña de Ourense

Sábado 18 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

A xornada do fin de semana despútase na que está adxetivada coma “raíña“. Unha de tantas, pois a Liga da Inverneira está chea delas, pero esta pode considerarse a raíña da provincia de Ourense. O escenario é unha estación de esquí, con máis de 1700 m. de altitude e xogando na metade de xaneiro. Semella unha xornada a…

Ler máis »

Crónica e resumo do outono

Mércores 15 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Saudos, meteoludópatas. Temos duas novidades no día de hoxe. Por unha parte xa contamos coa Crítica-crónica da pasada xornada de Ancares. Realizada por Xowi, podes atopala clicando na foto inferior.. Por outra banda presentamos algunhas estadísticas do outono no artigo “Galicia recupera o outono en 2019”, coa…

Ler máis »

Influenza anticiclónica

Luns 13 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

A chegada das borrascas Despóis dun comezo de Liga da Inverneira pasado por auga, o inverno veu acompañado polo anticiclón, instalado en Galicia a partires do Nadal. Os resultados da xornada de Ancares deixaron de trocar cara o mediodía. Pola tardiña entrou unha pequena borrasca, que non deixou precipitación pero fixo…

Ler máis »

Santa Montaña

Sábado 11 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

A tribu de eltiempoentuojete segue o seu periplo polos cumios da comunidade, coma faría a Santa Compaña, rondando camiños, veigas e casas parroquiais. Desta vez, a cuna da 16ª xornada da Liga da Inverneira está en Ancares, na liña que separa a galegos e leoneses. A xornada chega aparentemente sen auga, pero ainda así,…

Ler máis »

Quente Rodicio

Luns 6 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

Nova xornada da VI Liga da Inverneira, a 15ª, desta vez no concello de Maceda. O Alto do Rodicio elevou a sua temperatura ó mediodía ata os 12º C., por riba do promedio e chegou ata os 0º C na madrugada do sábado. Acompañado de sol no ceo e un vento escaso nesas altitudes, deixa dous vencedores nesta xornada de…

Ler máis »

Xornada anticiclónica

Sábado 4 de xaneiro de 2020 · por fran · Ligas

A 14ª xornada da VI Liga da Inverneira de Galicia está dominada pola unha situación anticiclónica que, ainda que o sol reine nos mediodías, ten o seu contraste con noites xiadas e madrugadas de brumas persistentes. Isto tamén pode levar asociadas ás temibles inversións térmicas, con bancos de néboa nos vales e sol nos…

Ler máis »

Un inverno atípico

Luns 30 de decembro de 2019 · por fran · Ligas

A 14ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo marcada polas altas temperaturas acadadas na estación de Serra do Eixo, en A Veiga. O domingo foi un día primaveral en A Veiga, con temperaturas máximas pouco coñecidas nesta zona e nesta época do ano. Pero ademáis as mínimas non baixaron dos 9º C., a…

Ler máis »

Novas: non chove

Sábado 28 de decembro de 2019 · por fran · Ligas

Despois de moitas xornadas co ceo cuberto, perdemos esa dinámica na xornada de Serra da Eixo. A xornada pertencente a Lardeira tivo que ser trocada pola inactividade do anemómetro. O concello lindeiro de A Veiga acolle a 14ª xornada da Liga da Inverneira. As máximas están entre os 11 e os 17º C. e as mínimas van dende…

Ler máis »

Aviso. Troco

Martes 24 de decembro de 2019 · por fran · Ligas

eltiempoentuojete debe comunicar o troco de ubicación da 14ª xornada da Liga da Inverneira. Estaba localizada en Lardeira, no concello de Carballeda de Valdeorras. O anemómetro non traballa dende fai un mes e, a día de hoxe non devolve nengún tipo de dato. Polo tanto botaremos man da suplente, que neste caso será a de…

Ler máis »

Lotaría de nadal

Luns 23 de decembro de 2019 · por fran · Ligas

Semellaba que nesta xornada tiñamos tódolos números para levar o “gordo” de Nadal. Grande variedade de apostas en tódolos campos predicían unha xornada con moitos movimentos na Clasificación xeral. O gañador en soidade levaba tempo sen acadar a vitoria, pero con ela sube ata o 10º posto de gañadores históricos ainda…

Ler máis »

O final do outono (ou non)

Sábado 21 de decembro de 2019 · por fran · Ligas

Antes ainda de comezar queremos dar conta da publicación, desta vez en formato video, da Crítica crónica da xornada de Marroxo, a 12ª xornada da Liga da Inverneira. Pódela atopar eiquí embaixo, no enlace ás Crónicas. Críticas crónicas da VI Liga da Inverneira Na xornada que nos ocupa, as prediccións das axencias…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →