eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueXII Liga da Inverneira

Un nome pouco atinado

Sábado 13 de decembro de 2025 · por fran · Ligas

A 13ª etapa da Liga da Inverneira lévanos ata o concello lucense de Navia de Suarna. A estación de Meteogalicia noméase como Ventosa, pero despóis de varios anos de xogo puidemos constatar que o nome debe referirse ó método de suxeición á terra. O vento eiquí foi, na maioría das ocasións, de baixa consideración. E…

Ler máis »

Desinformados

Luns 8 de decembro de 2025 · por fran · Ligas

Esa é a palabra que ilustrou a xornada de onte en Monforte de Lemos. A web de Meteogalicia deixou de actualizar datos cara as 17:00 horas e xa non puidemos saber o que acontecía na estación meteorolóxica de Marroxo ata ben entrada a noite. Ainda que o certo foi que non pasou nada. Os resultados non trocaron, ou iso é…

Ler máis »

O tempo da friaxe

Domingo 7 de decembro de 2025 · por fran · Ligas

Ainda que toda a semana choveu arreo, semella que non vai ser ese o parámetro que decida o gañador en Marroxo, no concello lucense de Monforte de Lemos. Foi pouco ata o de agora o que recibimos o nordés, pero seica nestas zonas de interior e o avanzado coma está o calendario, vai ser o típico nas xornadas vindeiras e…

Ler máis »

A vertente chuviosa

Luns 1 de decembro de 2025 · por fran · Ligas

Antigamente existían na Fonsagrada dúas estacións meteorolóxicas. A que xogamos este domingo, O Xipro, e a do Alto do Cerredo, hoxe desaparecida. Nas primeiras edicións da Liga da Inverneira, xogamos nesta última. Logo nos demos conta de no Cerredo non chovía tanto como no Xipro pero sí facía máis frio. O motivo do…

Ler máis »

Senda montañosa

Sábado 29 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

Primeira das etapas en altitude, dando comezo ó inverno meteorolóxico (ainda que sería no 1 de decembro) no mítico concello de A Fonsagrada, na súa non menos mítica estación meteorolóxica de O Xipro. De novo dúbidas en canto a precipitación, cos ocupantes do Top-10 apostando por pequenas cantidades. Tamén en desputa…

Ler máis »

Fin de ciclo outonal

Martes 25 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

A etapa número 10 desputada en A Gándara, no concello de Vimianzo marca o fin das etapas de costa e da inicio as etapas de montaña, case todas nas provincias de Lugo e Ourense. Troco de pau, de copas a espadas para ver se os ata o de agora dominantes da liga tamén están á altura nos cumios do país. Esta décima xornada…

Ler máis »

Volta ó outono

Sábado 22 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

Despóis dunha semana de frío invernal, semella que volta o outono nesta 10ª xornada en A Gándara, no concello de Vimianzo. O vento troca a sur-suroeste e volve entrar a chuvia dende o Atlántico. Nova ocasión para coroarse ou repetir ridículos anteriores, todo pende dun fío. As apostas amosan de novo dous bandos. O que…

Ler máis »

Os últimos serán os primeiros

Martes 18 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

A 9ª xornada da Liga da Inverneira deixa un resultado atípico, ainda que non será a primeira nin a derradeira vez. Os que eran dos últimos clasificados da xeral ocuparon os postos de honra en Lira. Incluso temos a un dos novatos desta edición inaugurando o casilleiro de vitorias. Xornada onde os cacheiras de cartel…

Ler máis »

Apocalipsis Claudia

Sábado 15 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

O domingo en Lira, no concello de Carnota, asistiremos á derradeira exhibición de forza da borrasca Claudia. Seica lle colleu o gusto á nosa latitude e quedou esta semana repartindo auga e vento a dolor. E cando xa semellaba que gastara todo o que tiña, ofrecerá a derradeira (ou non) función para deleite dos…

Ler máis »

Non decepciona

Luns 10 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

Pois sí, Muralla, a 8ª etapa da Liga da Inverneira con nome de restaurante chinés, non defraudou nesta edición. Tumbou as espectativas das axencias meteorolóxicas máis coitadas, que predicían 2 ou 3 litros, e tamén as das máis audaces, cunha ducia de litros. Choveu arreo dende a sobremesa, bourou o vento e as…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →