eltiempoentuojetedesafío meteorolóxico e estudo do clima

BlogueXII Liga da Inverneira

Impredecible

Sábado 8 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

Esta 8ª xornada viaxamos ata o concello de Lousame, coa súa estación meteorolóxica estrela de Muralla. Situada entre dúas rías, esta é unha das estacións con maior coeficiente de chuvia de todo o país. Pero estedomingo está compricado predicir alí. As axencias profesionais non se poñen de acordo máis que en que…

Ler máis »

Exhibición de clarividencia

Martes 4 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

A xornada número 7, a correspondente a Cequeliños, volveu ser unha recepción glamurosa onde facer gala das nosas mellores cualidades de predición meteorolóxica amateur. Un nivel de acerto extraordinario, onde os 7 xogadores máis destacados non baixaron dos 58 puntos. E todos eles, claro, están no Top-10 da xeral. Pero…

Ler máis »

Ó carón da raia

Sábado 1 de novembro de 2025 · por fran · Ligas

A sétima xornada da Liga da Inverneira fai parada e fonda no límite da provincia de Pontevedra cos nosos irmáns lusos. A terra da lamprea acolle esta xornada despois do paso de varios temporais e, do mesmo xeito que na Serra da Faladoira, en metade dese tempo porco que vai entre unha borrasca e outra. Semella que non…

Ler máis »

Ata o derradeiro alento

Martes 28 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

Etapa esta de Serra da Faladoira de longo percorrido e final agónico, coa temperatura mínima baixando ata case picar os 6º C., que beneficiaría a Botikas e Verducido, os únicos con semellante baixada. Ó final, máis axustado non puido ser, cunha marca de 6.56º C., somentes unha centésima por riba do establecido na…

Ler máis »

Despóis do temporal

Domingo 26 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

Unha primeira parte da semana con temporais ben xeitosos da paso a unha fin de semana máis ben seca, pero cunha influencia pouco significativa do anticiclón. O tempo tende a arrefriar e non se descarta algunha precipitación na cara norte do país, onde o vento non será decisivo pero tampouco nulo pero semella que as…

Ler máis »

Cachetada hídrica

Martes 21 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

Dúas xornadas de chuvia e semella ainda non estamos preparados para o que se nos ven enriba. Sonaba a chuviosa a xornada de Ponte Caldelas, pero diso a que ninguén puntuase en auga hai un treito longo. Nin Julio, coa aposta máis alta do día, que incluso chegou a estar na 4ª praza, restando a penalización da primeira…

Ler máis »

O retorno da chuvia

Sábado 18 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

Xa levamos unha tempada boa sen chuvia e semella que iso vai cambiar mañán, coa chegada dunha fronte antes do mediodía para arrefriar ó anticiclón que nos dominou estas derradeiras semanas. Porque seica tamén han de baixar as temperaturas, cousa doada á conta das rexistradas en días pasados. Ademáis, a entrada da…

Ler máis »

Un vran en outono

Martes 14 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

Nesta 4ª xornada da Liga da Inverneira seguemos a pensar se realmente rematou o vran. Catro gotas acumuladas neste mes de outubro, temperaturas máximas case inconcebibles semana tras semana, mínimas que non permiten durmir con manta agás nas provincias de Lugo e Ourense e un tempo solleiro, con ventos mornos e…

Ler máis »

Xuntanza no mosteiro

Sábado 11 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

A 4ª etapa da XII Liga da Inverneira localízase ó carón do mosteiro de A Armenteira, no concello de Meis. Semella que o seu desenrolo vai estar marcado polo influxo do anticiclón, que seica lle colleu cariño á vertente noroeste española e deixa as precipitacións e as borrascas para o levante e o sur. Pouco movemento…

Ler máis »

Un vento enguedellado

Martes 7 de outubro de 2025 · por fran · Ligas

Terceira etapa, desta vez na vertente atlántica do país, cunha estación que fixo honra á súa fama e xogou co vento ata o derradeiro minuto do domingo, facendo subir e baixar a uns e outros na clasificación xeral e que escolleu pola súa conta os gañadores finais do día. Con todo dito dende a tardiña, foi este o único…

Ler máis »

← Máis novosMáis vellos →